29 abr 2016

Almorzo saudable


Nenos/as de 3º e 5º,non vos esquezades de traer todo, porque o luns temos "Almorzo saudable"


Almorzo saudable - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Primeiro tomamos: pan con aceite,tomate,xamón serrano e queixo.
Logo unha froita,zume de laranxa natural e noces.
Estaba riquísimo!!!

Letras Galegas


Preme na imaxe para ler máis.

Os soños na gaiola publicouse por primeira vez en 1968, cando a produción literaria en galego para o público máis novo apenas sumaba uns poucos títulos e unha década antes da introdución oficial da lingua galega no ensino. O primeiro libro infantil de Manuel María xuntou versos que o propio poeta botou de menos cando era neno. Versos que, engadía na "Carta aos nenos" de presentación da obra, "non había na literatura galega e que tan precisos son". "Eu quixera encher, en parte, ese oco", engadía.
Cuberta da 13ª edición d'Os soños na gaiola,
publicada pola Fundación Manuel María.
Manuel María escribiu Os soños na gaiola consciente da necesidade que había naqueles anos dunha poesía infantil en galego. Unha edición non venal de Cartonaxes Anmi, que o distribuíu como agasallo da empresa, foi a primeira que coñeceu a obra. Coa reedición en 1972 da man da Editorial Celta, o poemario axiña gañou sona, pero sen dúbida na súa popularidade xogou un papel moi importante o feito de seren musicados os seus versos nun disco de Suso Vaamonde, publicado en 1978 co mesmo título. Fuxan os Ventos ou O Carro tamén musicaron composicións deste libro.
Case cinco décadas despois, Os soños na gaiola é un clásico que segue a ter atractivo para o público infantil. "Escolleu Manuel María un camiño acertado, sen servidumes temporais, que está na base da permanente actualidade desta obra. Escolleu falar dun abano de temas decote presentes na vida dos nenos e nenas, temas que espontaneamente lle interesan porque son aqueles cos que se atopan ó se iren abrindo ó coñecemento do mundo", salienta Agustín Fernández Paz na súa achega a Manuel María, volume dedicado ao autor que editou a Asociación Cultural Xermolos en 2001.
Os eixos temáticos elixidos polo poeta quedan reflectidos nos nomes de cada unha das seis partes nas que se divide o poemario: Galicia, á que se lle dedica explicitamente a primeira poesía; O mundo, As cousas, Homes, nenos e nenas, Animais e Paxaros. Un universo en forma de versos cheos de ritmo e sonoridade que se nutriu das lembranzas da súa propia infancia campesiña. "O ourizo", un dos 49 poemas que contén o libro, é boa mostra del.



O OURIZO
Co seu ouro vello, mol,
o ourizo ouriceiro
toma o sol
no pico dun castiñeiro.
Tal un señor moi mandón,
o ourizón,
no pico dun castiñeiro
tomando o sol moi riseiro.
O ourizo está moi ledo
coa súa casa ben pechada
-ouh, que medo!-
de espiñas toda cercada.
Quer botar unha risada
e os seus dentes arregaña
case un nada,
e xa fuxiu a castaña…!

Fonte: Real Academia Galega


A poesía de Manuel María -homenaxeado no Día das Letras 2016- achégase aos pequenos da casa grazas a Teatro de Guiñol, un libro-disco de Pirilampo para a Editorial Galaxia.




27 abr 2016

Experimento

A enerxía da auga move unha roda

Enerxía - Kizoa Editar Videos - Movie Maker


1. Colle plastilina,fai un disco e atravésao cun lapis.

2. Crava 4 culleriñas de xeado no borde do disco.

3. Coloca a montaxe no borde dun recipiente e verte auga sobre as culleres.

   Que ocorre?
Se deixamos de botar auga,a roda deixará de dar voltas.
A fonte de enerxía que se usa é a de auga en movemento.( Enerxía hidraúlica).

Fenomenal Adrián!!!





Moi ben Cristina!!!

Electricidade estática
Frotamos unha barra de plástico,acercámola a un globo e vemos como repele o globo á barra.
Experimento cos nenos/as de 3º e 6º de E.Primaria.



















Visitounos Xosé Tomás












Xosé Tomás 1 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Debuxos realizados coa explicación que lles deu Xosé Tomás.

Que dixeron os nenos/as sobre Xosé Tomás

































7 abr 2016

Aulas ciclistas










    CONSELLOS SOBRE EDUCACIÖN VIAL
.Casco obrigatorio, homologado e correctamente axustado.
. Bicicleta en bo estado.
. Aprender a parchear rodas. (alumnado de 5º e 6º)
.Levar auga no verán.
. Utilizar luces brancas dianteiras e luces vermellas traseiras na saída e posta do sol .
.Obrigatorio chaleco reflector.
.Sinalar coa man as manobras que facemos.
. Non facer manobras bruscas
.Polo paso de peóns hai que baixarse da bicicleta..
.Podemos circular pola beirarrúa coa velocidade de un peón.
.Respectar ar normas de circulación.
.Separación lateral non inferior a 1500 metros.
.Evitar piques que poidan comprometer a seguridade.
.Non se pode escoitar música.
.Obedecer aos axentes.
.Os ciclistas poden ir en columnas de dous sempre orillándose todo o posible á parte dereita.

DEZ REGRAS QUE TE AXUDARÁN A COMER MÁIS SANO
1-Manter unha alimentación variada e equilibrada.
2-Os hidratos de carbono(pastas, cereais,froitas e verduras) son a mellor fonte de enerxía.
3- Non esquezas consumir alimentos ricos en vitaminas e minerais.
4- Vixía o teu peso. Come en función da a túa actividade diaria
5- Bebe auga para repoñer as perdas de líquido pola suor.
6- Antes do exercicio,evita alimentos graxos.
7-Despois do exercicio, consume hidratos de carbono e proteínas.
8- Se tes dúbidas consulta a un especialista en nutrición.
9-Existe unha dieta para cada persoa.
10- A dieta mediterránea tradicional, baseada en pescado , legumes, pan e pastas é o método máis seguro para manter bos hábitos alimenticios.
                   
                              Fonte : Folleto Aula Ciclista

3º Ed.Primaria
   .Duarte Báez,Araceli Asunción
   .Míguez Diz, Nicolás
   .Rodríguez Miniño, Matías
   .Silva Durán, Nerea
Parabéns para todos e todas.
Menudos campeóns!!!