30 mar 2016

Día Mundial da Saúde




Los objetivos principales de la campaña del Día Mundial de la Salud 2016 serán acrecentar la concienciación respecto del aumento de la diabetes y de sus abrumadoras cargas y consecuencias e impulsar un conjunto de actividades específicas, eficaces y asequibles para hacer frente a esta enfermedad.


¿Cómo tener una buena salud?
Estar sano no solo significa cuidar nuestro aspecto físico, sino que también es igual de importante nuestro bienestar y nuestra salud mental. Si poseemos una salud psicológica apropiada, podremos afrontar positivamente las situaciones estresantes que se presenten en nuestra vida.

10 consejos para sentir un bienestar físico, emocional y mental
Seguir una dieta sana y equilibrada.
Beber agua.
Mantenerse activo.
Descansar.
Dormir bien.
Exteriorizar nuestros sentimientos.
Pedir ayuda siempre que la necesitemos.
Aceptarnos tal y como somos.
Estar en contacto con amigos y seres queridos.
 Reir y sonreír.

                                         Fuente : Sanitas

Hábitos alimenticios saudables
Os trastornos alimenticios son cada vez máis evidentes e preocupantes na sociedade actual. A escola debe ser un dos lugares para traballar os bos hábitos alimenticios  sabendo que as persoas necesitamos alimentarnos para realizar as función vitais, repoñer enerxía e para obter a materia que forma o noso corpo.
Unha alimentación correcta, saudable e equilibrada  implica a adquisición de hábitos e a adecuada selección de alimentos.
APRENDE
. O almorzo é a comida máis importante do día
.Unha dieta equilibrada debe conter alimentos de todos os grupos e en cantidades suficientes.
. É moi importante comer sentado/a correctamente utilizando ben os cubertos e masticando a comida.

SINTE
.O bienestar que produce unha sana alimentación.
.As ganas de compartir as túas comidas en familia.
.A necesidade de estar relaxado/a e tranquilo/a no momento de comer.

RESPECTA
. Os horarios das túas comidas.
.As normas á hora de comer.
.As cantidades/ porcións necesarias e moderadas de comida.


        Receita saudable
A xelatina é un alimento moi recomendado para nenos e nenas; a Organización Mundial da Saúde( OMS) confirmou que se trata dun alimento moi seguro e fácil de dixerir.
A xelatina prevén as lesións articulares, as tendinitis , os problemas de ligamentos e presenta propiedades moi beneficiosas para o organismo do neno/a.
Ten moitas proteínas, sobre todo coláxeno, moi poucas calorías, nada de colesterol e nada de graxa . Soamente 10 gramos de xelatina ao día axudan a reconstituír ósos  e cartílagos.
Para a súa preparación mézclase auga, pero pode enriquecerse sustituíndo a auga por leite, zume e iogur.
Para facer xelatina, mézclase o contido do envase coa cantidade de líquido indicada e déixase arrefriar no frigorífico.
Nunca substitúe a unha ración de froita.
                            Fuente: Maestra de Primaria
                                  RECEITA DE XELATINA
INGREDIENTES
.Un sobre de  xelatina
.Dúas latas  de leite evaporada
. Unha taza de auga
MODO DE FACELO
Quentamos auga . Ao  ferver engadimos a xelatina para que se disolva.
Cando estea botamos o leite evaporada . Unha vez mezclado todo podemos licualo. Colocamos a masa nun molde e introducímolo no frigorífico. Pasadas unhas horas desmoldamos e xa está lista para comer.

17 mar 2016

Profes por un día


Profes por un día - Kizoa Editar Videos - Movie Maker


Profes por un día


O alumnado de 3º de E.Primaria de Fontes, despois de estudar a súa localidade, fixo un percorrido por Baiona para ser profesores por un día.
Cada neno/a preparou un monumento ou lugar emblemático de Baiona e explicoullo aos seus compañeiros/as.
Estando escoitando a explicación sobre o concello atopámonos co Sr. Alcalde que nos invitou a entrar para ensinarnos o concello, pero como xa estiveramos o curso pasado ensinounos algo que non víramos.
Logo, continuamos a nosa visita porque ás once e media tiñamos que estar no Museo da Navegación . Ao chegar recibiunos Rosa. Agradecémoslle moito a explicación tan pedagóxica que nos deu .
Ao rematar a visita, sorpresa,un agasallo!!!
Non esperaban nada e quedaron encantados.
Moitas grazas a Rosa e ao concello porque lles encantou.
Cantas cousas aprenderon!!!
Felicito a todos os nenos/as polo ben que explicaron  e polo atentos que estiveron .

Pasamos un día fantástico! .

9 mar 2016

Contacontos





Onte,os nenos/as de Fontes e Belesar tiveron un contacontos sobre a igualdade no noso colexio.

laura quería ser pirata
Laura é unha nena tímida á que que lle da moita vergoña falar en público pero cando está soa na habitación cambian as tornas e convértese nunha pirata. Encántalle todo sobre os piratas , pero non llo di a ninguén  porque ten medo de que se rían dela.
Nesta aventura a través da imaxinación e coa axuda das pistas que a súa nai lle deixa a través das figuras de papiroflexia, Laura vai desentrañando onde se atopa o tesouro que tanto desexa “ser pirata por un día”. Polo camiño demostra ser lista,tenaz,hábil, rápida,... e o que é mellor demóstralle ao incrédulo do seu irmán que as mulleres tamén poden ser piratas e calquera outra cousa que se propoñan.

 A través deste conto os nenos e nenas aprenderon unha lección sobre a igualdade no ámbito laboral.
O doutor Tilla falounos da enfermidade de Mach e pasamos un rato fantástico con él.
Un conto sensacional e moi ben posto en escena!!!!
Moita fantasía e imaxinación.!









Ser libre no es meramente deshacerse de las cadenas de uno, sino vivir de una forma que respete y mejore la libertad de los demás.-Nelson Mandela.



-Igualdad para la mujer es progreso para todos.-Ban Ki-moon.





8 mar 2016

Día do consumidor



                  Consumo Responsable 
Entendemos por consumo responsable a elección de produtos non só en base a calidade e prezo , senón tamén polo impacto ambiental e social e polas condutas das empresas que os elaboran.
. Antes de mercar pensa se o necesitas.
. Preocúpate de que está feito , e se fai dano ao medio ambiente.
.Evita produtos de usar e tirar.
.Rechaza bolsas de plástico son mellor as de tea.
. Cada vez que merques algo pensa nos residuos e no lixo que xera.
.Recicla
.Elixe produtos con envases reutilizables e retornables.
. Pensa que repercusións sociais e éticas ten.


Moi importante, consume menos.

O día mundial do consumidor celébrase o día 15 de marzo.

Debemos esixir que se respecten e se protexan os dereitos dos consumidores e protestar polos abusos de mercado e as inxusticias sociais

Outras páxinas

4 mar 2016

Festa da Arribada


Festa da Arribada - Kizoa Movie Maker

Ruta Pinzoniana


1-Monolito da Arribada
Na súa parte frontal ten unha carabela esculpida por Anxo Fernández e unha placa cun texto alusivo a dita data.


2- Réplica da Carabela Pinta
Construíuse con motivo da celebración do V Centenario da Arribada  da Carabela Pinta. O día 1 de marzo de 1.493, a Carabela Pinta capitaneada por Martín Alonso Pinzón atracou neste porto.


3-Azulexo da Arribada
Reflexa as rutas tomadas por Pinzón e Colón ,coas carabelas Pinta e Niña respectivamente, ao regreso do Novo Mundo.
A Pinta chegou a Baiona (1 de marzo de 1493) e a Niña a Lisboa (10 de marzo de 1.493)


4- Pozo da Aguada
Según a tradición ,serviu para abastecer de auga á Carabela Pinta ,antes de partir de Baiona a Palos da Fronteira.
Os tripulantes levaron auga deste pozo para abastecerse durante a travesía.


5- Estatua de Pinzón
Foi un obsequio de Palos da Fronteira( ( Huelva ).
Representa ao capitán da Carabela Pinta ,Martín Alonso  
Pinzón e foi inaugurada en 1977. É obra de A. León Ortega.


6- Monumento Encontro entre Dous Mundos
Erixida ao pé do Monte Boi ,moi próximo ao lugar onde foi enterrado o primeiro nativo americano.
A escultura realizada en granito representa a Galicia, América, á emigración e ao retorno, colocadas ao redor dunha gran esfera que simboliza o mundo e que contén no seu interior mostras de terra de 22 países Iberoamericanos e depositadas polos seus embaixadores o día da inauguración que foi o 1 de marzo de 1993 por S.A.R Don Felipe de Borbón para conmemorar o V Centenario da Arribada da Carabela Pinta a Baiona.
É obra de Magín Picallo.













1 mar 2016

Día da Muller


mulleres importantes
. Rigoberta Menchú
Líder indíxena, gañadora do Premio Nobel da Paz.
Traballou pola reconciliación étnico- cultural.
.Gabriela Mistral
Poeta,diplomática e profesora chilena.
Primeira latinoamericana gañadora do Premio Nobel de Literatura.
.Estela Carlotto
Símbolo da búsqueda dos netos desaparecidos. Gracias a súa loita 90 xóvenes recuperarona súa identidade.
.María Curie
Científica.Pioneira no estudo da radioactividade.
.Emilia Pardo Bazán
Escritora
.Xoana de Arco
Heroína, morreu  na fogueira por herexe.
. Frida Khalo
Pintora. Rebelouse  contra os hábitos sociais e morais
.Amelia Earhart
Foi a primeira muller pilota aviadora.
. Mari Wollstonecraft
Escritora ,filósofa e defensora dos dereitos da muller.
. Carmen Martín Gaite
Escritora
.Evita Perón
Política. Loitou polos dereitos dos traballadores
. Indira Gandhi
Política. 1º ministra do seu país
.Cleopatra
Soberana con máis poder da antigüedade
.Rosa Parks
Negouse a ceder o asiento a un branco.Este episodio convertiuna nunha figura trascendental do movemento polos dereitos civís en estados Unidos.
.Florence Hightingale
Pioneira no oficio de enfermeira. Rebelouse contra os prexuizos da época escollendo esta profesión.
. Ana Frank
Con 15 anos narrou os seus días nos campos de concentración nazi.
O seu diario converteuse nun relato universal
.Hipatia de Alexandría
Científica e filósofa da antigüedade.
.Lola Mora
A súa obra como escultora transgrediu as regras da época. “Las Nereidas” causou un gran escándalo.
. Mercedes Sosa
A súa voz profunda e bonita consagrouse en todo o mundo.Artista referente do compromiso cos dereitos  humanos.
.Madre Teresa de Calcuta
Misioneira e loitadora en defensa dos máis pobres.
.Alfonsina Storni
Referente da poesía post- modernista
. Alicia Moreau de Justo
Foi unha das primeiras médicas de América Latina.
Incansable na búsqueda dos dereitos cívicos na muller.
Fundou o Movemento Feminista en Arxentina
. Malala Yousafzai
Víctima dun atentado dun grupo terrorista vinculado aos talibáns. Defensora dos dereitos universais das nenas á educación
. Shirim Ebadi
Premio nobel da Paz polos dereitos humanos. Centrouse principalmente nos dereitos das mulleres e nenos.
.Wangari Maathai
Premio Nobel pola súa contribución ao desenrolo sustentable, á democracia e á paz.
Ellen Johnson Sirleaf , Leymah Gbowee e Tawakkul Karman
Premios Nobel da paz pola loita sen violencia pola seguridade das mulleres e o dereito da muller a participar plenamente na labor de consolidación da paz.
Moitas foron as mulleres loitadoras polos seus dereitos e moi importantes polo que descubriron , pintaron, escribiron...