26 nov 2015

Día do mestre

27 de Novembro

Festividade de San Xosé de Calasanz , patrón dos Mestres.

APRENDER É ALGO TAN IMPORTANTE QUE NOS ACOMPAÑARÁ AO LONGO DE TODA A NOSA VIDA.


       A LOS NIÑOS LES GUSTA…
A los niños les gusta…
sentarse a tu lado
y observar tus dulces gestos
con ojitos asombrados.

A los niños les gusta…
cuando te acercas despacio
y les regalas caricias
y les das un fuerte abrazo.

A los niños les gusta…
cada cosa que enseñas,
cuando calmas su llanto,
cuando un cuento les cuentas.

A los niños les gusta…
regalarte un ruidoso beso
y el dibujo de un corazón enorme,
con su nombre y el tuyo impresos.


A los niños les gusta…
que les enseñes a conjugar,
con estos pequeños gestos,
el verbo amar.
                  Nilda Zamataro

FELIZ DÍA!



19 nov 2015

Película "Maimiño"




La película relata la historia de un pequeño campesino que, para sacar a su familia de la pobreza, inicia un largo camino lleno de aventuras. La revisión de Pulgarcito incorpora una metáfora de la sabiduría y la inteligencia y ensalza valores como el amor, la amistad, el honor y la justicia.

Os nenos/as de 1º,2º e 3º de E.Primaria o luns,irán ao Auditorio de Baiona a ver a película "Maimiño"




Maimiño - Kizoa Movie Maker

Os alumnos/as de 1º,2º e 3º de E.Primaria foron ao Auditorio de Baiona a ver a película "Maimiño".
Saíron moi contentos e logo visitaron a Carabela Pinta e xogaron no parque da Palma.
Un día moi divertido.!!!.

Despois de ver a película os nenos/as sacaron estas conclusións:
.Todos podemos ser amigos a pesar das diferenzas.
.Non se debe mentir para conseguir algo.
.Todas as persoas merecen unha oportunidade.
.A filla do rei era moi boa, porque se disfrazou de ladroa para roubarlle o diñeiro ao seu pai e darllo aos pobres.
.Todas as persoas poden cumprir o seu soño, como Maimiño que casou coa princesa a pesar de ser pobre.
.Ninguén se debe rir de ninguén .

.Non se pode ser egoísta como o rei que nin lle daba diñeiro a súa filla.


20 de Novembro



















Os nenos/as de 3º de E.Primaria estiveron a traballar os dereitos dos nenos e participaron no mural que fixo todo o alumnado para conmemorar ese día.

Experimento









Brúxula - Kizoa Movie Maker


Adrián,fixo o experimento na casa e logo explicoullo aos seus compañeiros/as.
Estiveron todos entusiasmados mirando a onde se dirixía a brúxula.
Excelente Adrián!
Con nenos/as así da gusto traballar.

13 nov 2015

Experimento

Materiais...reciclables!
Unha botella transparente.
Pedras e area
Un recipiente pequeno
Papel transparente de cociña



Fenomenal Jorge!








Fantástico Diego!




Moi ben Cris!






Sensacional Adrián!

Que ben traballades.










4 nov 2015

Lembranzas





Xurxo, o pai de Marina de 3º de primaria, subiu ao colexio para lembrar o seu paso polo colexio de Fontes.
Xa que foi un dos que inauguraron este centro.

Entrevista

1-En  que ano estiveches nesta escola?
No curso 80-81e 81-82
             2 cursos

 2-Que recordos gardas do te paso por Fontes?
Aos amigos daqueles anos.
Aos profesores que me deron clase.
A viaxe de fin de curso a Mallorca con Mino e Ángel.
Os campionatos  que se celebraban os sábados e que iamos no coche de Mino.
O magosto no Cortelliño , xa que nós non coñeciamos esa festa.
Todos son moi bos recordos.

3-Que diferencias atopas coa escola de agora?
Agora hai máis actividades e moitas máis saídas . Tamén hai outros medios para traballar nas clases, por exemplo: ordenadores , pantallas...

4-Tiñades biblioteca? Como era? Que recordas?
Sí. Estaba no mesmo lugar,pero os libros eran para maiores.Non eran tan bonitos como os de agora.
Creo lembrar que iamos unha vez o mes. O encargado era Ángel.
No recreo estaba aberta.

5-Cantos cursos había?
Por suposto máis que agora . Había de 1º a 8º. Infantil non estaba no colexio.Eramos uns 400 alumnos/as e moitos autobuses para transportarnos.

6-Que profesores che deron clase?
Ángel, Mino, Mª Fe, Magdalena , José Luis Cadenas, José Luis...

7-As clases eran soamente de mañá como agora?
As clases eran de mañá e de tarde e logo tiñamos algunha actividade.

8-Por que trouxeches a túa filla a este colexio?
Porque é o colexio no que estudei e téñolle moito cariño.

9-A que xogabades no recreo?
Ao fútbol, ás canicas, ao brilé, a peonza...

10-Faciades excursións?
Soamente a de fin de curso en oitavo e para iso vendiamos rifas

11-Erades moitos en clase?
As clases eran moi numerosas, uns 28 ou 29 alumnos por clase

12-Outros recordos?
Que Ángel nos falaba de cine, de música, xa que antes non tiñamos esta asignatura e por suposto de libros.

13-Actividades que faciades no colexio?
Magosto, festival de Nadal, entroido e a excursión ao  rematar oitavo .

14-Que asignatura era a túa preferida? Por que?
Sociais. Gustábame como explicaba o profesor.Ese profesor era Mino.

15-Algunha anécdota?
Sí, na excursión de fin de curso.
Era o campionato de fútbol e cando cantaron o himno galego o xornalista dixo que estaba soando o himno polaco. Nós coincidimos cunha excursión de rapazas e na porta do hotel con Ángel e Mino cantámoslle o himno galego dicindo que era o himno polaco.
O alumnado non sabía cantar o himno galego e rematamos a entrevista entoándoo e a profe de inglés uniuse a nós para cantar.
Un día moi especial.!!!!
Grazas Xurxo .Pasamos un rato moi agradable e estivemos encantados de que nos contases tantas cousas do noso colexio.
Ata a próxima.!!!!