16 feb 2013

Entroido 2013

Bailaches, Carolina?
 
-Bailaches , Carolina?
- Bailei , sí señor!
-Dime con quen bailaches.
-Bailei co meu amor.
_Co teu amor,Carolina,
non volvas a bailar,
porque che levanta a saia
e é moi mala de baixar.
-E é moi mala do que?
-Moi mala de baixar.
 
O señor cura non baila
porque ten unha coroa.
-Baile,señor cura,baile,
que Dios todo llo perdoa.
-Bailaches,Carolina?...

1 feb 2013

María Fumaça

María Fumaça é unha divertida, atolada e sensible locomotora musical. É un proxecto literario e audiovisual, constituído por un libro máis un CD e un DVD con Ruí como protagonista, un cativo que a pesar das súas dificultades pode gozar da música, cantar e bailar. Diferentes artistas galegos uníronse para cantar máis de vinte temas para celebrar a alegría de vivir. Mais tamén porque é unha defensa da vida fronte a discapacidade.

María Fumaça, a alegre e colorida locomotora de vapor, percorre vales e montañas e disponse a visitar todas as paisaxes coma se fose un paxariño incansable que non precisa máis que ilusión e alegría para viaxar. ¿Queredes subirvos ao tren e viaxar de estación en estación?

Grullas da Paz


Grullas pola Paz - diapositivas

O alumnado do 1º Ciclo de E.Primaria está decorando as grullas que logo se colgaron na entrada do colexio.