25 jun 2012

Recursos verán


Preme nas imaxes

Lemos contos

Ruby tiene un orinal. Ella lo saca fuerta para jugar, lo llena de animales, lo utiliza de sombrero... Pero ¿sabe para qué sirve un orinal? No, de hecho, no lo sabe. Este libro de la colección Luna de papel es perfecto para que los niños empiecen a utilizar el orinal. Cando o coello branco vai á horta a buscar coles para preparar un rico caldo, non se imaxina que unha cabra malvada se vai instalar na casa impedíndolle entrar. Corre a pedirlle axuda ao boi, ao galo e ao can, pero todos lle teñen medo á cabra. Ata que unha formiga pequena e intelixente lle presta a súa axuda, entra pola fechadura e pícalle á cabra na barriga. A cabra cabresa fuxe despavorida e o coello contento invita aos seus amigos a comer. Guillermo,Noelia e Lara leron uns contos moi bonitos aos seus compañeiros/as. Noraboa por ler tan ben!!!. Ata o vindeiro curso!!!

Eu son


Eu son - presentacion imagenes

Os alumnos/as de 1º de E.Primaria ao rematar o curso debuxáronse e logo escribiron algo sobre eles.
Así é como se ve cada un deles.

20 jun 2012

Libreta viaxeira



Este curso estivemos a traballar na libreta viaxeira "os bosques".
Este é o último traballo que o alumnado do 1º Ciclo realizou coas familias.
Non debemos esquecer que temos que coidar o medio onde vivimos.

7 jun 2012

Conservación do monte

O día 5 de xuño o alumnado de E.Infantil,1º Ciclo e 3º de E.Primaria realizaron varias actividades sobre a conservación do monte e os animais que nel habitan.
Dividíronos en varios grupos e realizaron os seguintes obradoiros:
- Obradoiro Compostaxe:
  O alumnado aprendeu a reciclar o lixo.
- Obradoiro Aves:
   Escoitaron sons das aves e logo observáronas cos prismáticos.
Obradoiro Pintar Niños:
  Pintaron niños para logo colocalos nas árbores.
- Obradoiro Plantación:
  Coñeceron o freixo,o carballo e o cerquiño.Non puideron plantar esas árbores porque chovía.
Aprenderon un xogo que realizaron cantando e ao final entregáronlle un diploma.
Divertíronse e aprenderon moitas cousas no día do Medio Ambiente.