30 may 2012

Día do Medio Ambiente

Preme na imaxe

Xogo sobre o medio ambiente
O 5 de xuño celebramos o "Día Mundial do Medio Ambiente". Este ano o tema é a Economía Verde que pretende mellorar o benestar humano reducindo os danos ecolóxicos. Temos que esforzarnos todos en reducir a contaminación da natureza.

Lemos un conto

Os Bolechas van facer un carro. Loli debuxa os planos. Primeiro miden e serran a táboa. Teñen que ter coidado coas puntas. ¡Pili bateu co martelo nun dedo de Carlos e dóelle moito! Poñen os eixos e as rodas dunha bicicleta vella. Loli ata unha corda no eixo dianteiro para guiar o carro. ¡Xa está! ¡Semella un coche de carreiras! Próbano por unha costa e baixa moi rápido. Cada vez máis. Non hai maneira de paralo porque Loli esqueceu pórlle freos. Parou batendo contra un cubo de lixo. ¡Vaia golpe! O próximo carro ten que levar freos.

Bolechas - diapositivas

A Diego Peña gústanlle moito os contos dos Bolechas.Hoxe trouxo a clase "Os Bolechas fan un carro" para agasallarnos coa súa lectura.
Felicitámolo polo ben que leu e por elexir un conto que lles gustou moito aos seus compañeiros/as. 

O bosque ideal


Bosque ideal - diapositivas

Este ano estamos a traballar os bosques.O alumnado do 1º Ciclo coas súas familias realizou estes bonitos debuxos na libreta viaxeira.

29 may 2012

Visita a Allariz

O día 28 de maio,o alumnado de E.Infantil,1º Ciclo e 3º de E.Primaria,visitamos a granxa do Rexo en Allariz. Ao chegar recibíronnos Aldara e Carlos que nos falaron dos animais que había nese lugar,ensináronnos os seus sons e puidemos tocar a lá das ovellas que raparan. Logo saímos fóra e aprendemos unha canción antes de entrar na granxa.Cando entramos ensináronnos os utensilios que se necesitan para realizar algunhas tarefas coas ovellas,o lugar onde as muxen e tamén como se elabora o queixo. Pasámolo moi ben porque puidemos tocar un can e as ovellas,darlle o biberón e ata nos deron a proba do queixo. Estaba riquísimo!!!
Xantamos o carón do río Arnoia e para rematar visitamos uns xardíns preciosos que este ano están adicados a auga. Grazas a Aldara e Carlos que foron moi cariñosos con nós e explicáronnos todo moi ben.
Foi unha viaxe fantástica!!!

26 may 2012

La maestra

La maestra dio las letras a los pobres
que aprendieron a sumar su soledad,
a saber que en la intención de ser mejores
la ignorancia es enemiga de la claridad.

La maestra dio la voz a los ausentes,
las abejas marginadas del panal,
los que nunca cuentan nada y siempre pierden,
los que viven sin poder desentrañar.

Quién negó la luz al corazón de la maestra,
qué violencia pudo detener esa ilusión,
quién segó la flores que regaba la maestra,
quién a sangre y fuego deja muda la canción.

La maestra dio su amor a la pobreza
enseñando a ver el mundo y a pensar,
el futuro fue llenándose de ciencia
y la vida fue algo más que mendigar.

Quién negó la luz al corazón de la maestra,
qué violencia pudo detener esa ilusión,
quién segó la flores que regaba la maestra,
quién a sangre y fuego deja muda la canción.

Bonita canción para os momentos tan difíciles que se están vivindo na educación.

23 may 2012

Hora de ler

Es día de compras y Teo quiere acompañar a su madre al mercado. Para llegar hasta allí, tienen que ir en metro. En el mercado hay mucha actividad y Teo puede hacer muchas travesuras porque su madre está demasiado ocupada pensando en todo lo que tiene que comprar para la semana y mirando los productos de cada una de las paradas. Teo aprovecha un despiste de su madre para esconderse entre unos cestos. Na hora de ler,Noa leunos o libro "Teo va al mercado",que preparou cos seus pais. Como a todos/as lles gusta ler, continuaremos no vindeiro curso. Parabéns para Noa e para os seus pais pola súa colaboración.

21 may 2012

Letras Galegas

Durante 15 días,o alumnado do 1º Ciclo realizou fichas e LIMS no ordenador sobre Valentín Paz Andrade. Proxectóuselles videos do autor e entregóuselles as libretas viaxeiras para traballar coas súas familias. Aprenderon moito!!!

4 may 2012

Día de Europa

.Preme na imaxe
.Preme na imaxe
9 de Mayo "Día de Europa"

Os sete cabritos

Había unha vez sete cabritos que vivían felices nunha cabana do bosque coa súa mamá; pero preto de alí roldaba un lobo feroz… Un conto que produce emocións intensas e unha historia para perder o medo aos «lobos feroces». Aquí, os máis pequenos, dunha forma simbólica, enfrontaranse con conflitos básicos como a ausencia da nai, o encontro con seres malvados ou circunstancias adversas,… e iso axudáraos a confiar neles mesmos e a avanzar no seu proceso de maduración persoal.

Felicitamos a Ismael porque lle gusta moito ler. Hoxe,quixo lernos na hora de lectura este conto que lle compraron os seus pais o día do libro. Gustounos moito!!!

3 may 2012