13 dic 2012

El barquito de papel




Despois de ler o poema "El barquito de papel",os alumnos/as de 1ºCiclo e 3º de E.Primaria ilustrárono coas súas familias.
Moi bonitos!!!

14 nov 2012

Magosto


Magosto 2012 - foto montaje

A VELLA QUE QUERÍA IR ÁS CASTAÑAS

Unha vez era unha vella que quería ir ás castañas.
Estaba na cama e sentía como bruaba o aire,dicindo,moi leda:
- Veña,airiño,veña!
e o que non ten que teña.
Ó mencer levantouse a miña vella e foi para o souto,e o aire sopraba máis furioso ca antes e a vella dicía:
- Nin tanto nin tan pouco,
que leva á vella polo souto.
                                                       (Popular)

Recollido do libro "O Magosto" Ed. IR INDO

 

As libretas viaxeiras





 
 
 





Como o noso proxecto é "Obradoiro de Poesía",o alumnado de 1º Ciclo de E.Primaria e 3º curso,despois de ler estes poemas ilustrounos coa súa familia.
Moi bonitos!!!.

26 oct 2012

Obradoiro de poesía




Os nenos/as de 2º de E. Primaria iniciaron o obradoiro de poesía. Cada día un neno/a leva o libro "Fafarraios" de Gloria Sánchez e prepara coa súa familia un poema do libro. Na hora de ler recita o poema e logo todos/as xogamos co poema utilizando diversas técnicas.

Poema "Biblioteca"




Estes son os debuxos despois de ler un poema sobre a Biblioteca.
Uns libros moi creativos!

10 oct 2012

Calendario ortográfico

Na clase temos un calendario ortográfico onde reforzamos a ortografía natural e palabras difíciles de escribir,que nos van surxindo durante a semana. O encargado busca no calendario o día no que estamos e levanta a casilla.Copia no encerado as palabras e escribimos frases. Un día á semana facemos un repaso das palabras aprendidas.

Libro disco para disfrutar en familia

Susu nos lleva de viaje desde Barcelona a la India y África a través sus canciones y cuentos en los que descubre un mundo apasionante donde los niños son los verdaderos protagonistas. Las ilustraciones de Eva Vázquez dan vida a estas historias que invitan a soñar y a disfrutar pero también a reflexionar sobre el mundo que nos rodea.