27 oct 2011

Celebramos o Samaín







LIM, preme na imaxe



Pastel de cabaza

INGREDIENTES:

500 grs. de cabaza (cocida ou asada)
250 grs. de fariña
4 ovos
1 sobre de fermento
200 gramos de azucre
2 cucharadas de manteiga

PREPARACIÓN:

Nun recipiente, batemos os ovos enteiros xunto co azucre e a manteiga derretida, ata que a mestura adquira unha cor esbrancuxada.
Agregamos a cabaza ben triturada e, para rematar, a fariña tamizada xunto co fermento.
Mesturamos todo ben e botamos ao molde. Introducimos ao forno, que estará precalentado, a uns 180ºC durante uns 40 minutos aproximadamente.




Celebramos O Samaín pintando cabazas e Ismael sorprendeunos cunha cabaza realizada pola súa familia.

24 oct 2011

Día da Biblioteca






Hoxe,festexamos o día da biblioteca entregando as mochilas e as libretas viaxeiras.
Esperamos que o pasedes moi ben cos libros que están nas vosas mochilas e que as libretas viaxeiras regresen ao colexio con bonitos traballos.
Boa viaxe!!!

19 oct 2011

Cepillamos os dentes







É moi importante que os nenos/as adquiran bos hábitos na hixiene dental dende pequenos e por iso é moi importante ensinalos a cepillarse os dentes.

Cepillado correcto

Os pasos para un bo cepillado son:
Utiliza unha pequena cantidade de pasta de dentes, con cantidades axeitadas de fluor. Verifica que os teus fillos non traguen a pasta de dentes.
Os nenos deben usar un cepillo dental suave. Primeiro débese cepillar a superficie interior de cada dente, que é onde máis se acumula a placa. Cepillar suavemente de posterior anterior.
Limpar as superficies exteriores de cada dente, colocando o cepillo en ángulo respecto da enxiva exterior. Cepillar suavemente de posterior anterior.
Cepillar a superficie de mastigación de cada dente.
Utilizar a punta do cepillo para limpar a parte posterior dos dentes anteriores, tanto superiores coma inferiores.
Ao final pódese cepillar a lingua para eliminar as bacterias.Debes tomar polos menos uns 2 minutos.

Letra P