28 mar 2011

Manualidade


FICHAS PANDA

Len os peques

En "¿Cuál es mi color?" el protagonista se pregunta sobre sus orígenes a partir del color de su piel, y se encuentra con la relatividad de la respuesta, dependiendo de quién venga: de sus compañeros de colegio o de su familia. Y es verdad que en estas cuestiones a veces los animales son más listos que las personas, pues de hecho la clave se la dará su perro...



Noraboa a Iria porque nos leu este conto con moito agarimo.

24 mar 2011

Traballamos coa prensa




Do 8 ao 12 de Marzo,celebrouse a Semana da Prensa.
O alumnado do 1º Ciclo,estivo a traballar durante varios días cos xornais nas aulas.
Redactaron e debuxaron titulares,inventaron anuncios,escribiron pés de fotos,buscaron palabras de ortografía natural,coñeceron a información que nos proporciona a primeira páxina e as distintas seccións dun xornal.

Finalmente,en plástica fixeron un gorro con papel do xornal e quedaron moi guapos como podedes ver na foto.

21 mar 2011

Día da poesía








Hoxe,21 de Marzo,celébrase "O Día da Poesía".
O alumnado do 1º Ciclo,para festexar este día,leron poemas de Concha Blanco e de Gloria Sánchez.
Gustáronlle moito os poemas.
Ademais viron os debuxos tan bonitos que ilustraron os nenos/as da escola Igrexa-Cacheiras
(CRA de TEO).

18 mar 2011

Día mundial da auga


Os Bolechas queren saber como aforrar auga. Quen deixou aberta a billa do cuarto de baño? Coa billa aberta malgástanse moitos litros! Cada litro que gastamos de máis é un litro que perde a Terra.


Auga para as cidades: respondendo ao desafío urbano

O obxectivo do Día Mundial da Auga 2011 é centrar a atención internacional sobre o impacto do rápido crecemento da poboación urbana, a industrialización e a incerteza causada polo cambio climático, os conflitos e os desastres naturais sobre os sistemas urbanos de abastecemento de auga
A auga é un recurso imprescindible e escaso.
Debemos consumir auga dun modo responsable.
Consumo responsable
1.Pecha a billa mentres estás a cepillar os dentes.
2.Non deixes correr a auga da billa sin necesidade.
3.Pon a lavadora e o lavavaixelas cando estén ben cheos.
4.Lava o coche nun lavacoches e non coa mangueira na casa.
5.Non desconxeles os alimentos poñéndoos debaixo da billa.
6.Dúchate e non te bañes.
7.Non xogues nunca coa auga.
8.Aproveita a auga de cocer para regar as plantas.
9.Se tes piscina debes tratar a auga durante o inverno,e así non terás que cambiar a auga durante o verán.
10.Non regues demasiado.



Len os peques


Mino,sorprendeunos co conto "La Luna",que é un conto para ler na escuridade e quedamos abraiados o ver como resplandecía.

Esta historia presenta a escuridade como a amiga das nenas e nenos.
O libro está especialmente recomendado para evitar o medo á escuridade. Ideal para compartilo cando se deitan.



Hoxe,na hora de ler,os alumnos/as de 1º,Adrián,Anaís,Rubén e Diego leron o conto "A miña amiga a escuridade" aos seus compañeiros/as de 1º e 2º de E.Primaria.
Noraboa,porque o fixeron moi ben e gustounos moito o conto que elexiron.
Tamén experimentaron que na escuridade non pasa nada.
Son uns valentes!!!

13 mar 2011

Día da árbore





O día 21 de Marzo,celébrase o "Día da árbore" coa intención de impulsar a protección e o coidado dos nosos bosques.
As árbores son seres vivos que reducen a contaminación e nos aportan magníficas paisaxes , fontes de vida, ademais de alimentos e materias primas.

12 mar 2011

Matemáticas con Pipo


Cálculo mental de sumas



Nombres de polígonos

Ortografía con Pipo






Para nenos/as 6-12 anos

Libreta viaxeira




Co gallo da Festa da Arribada,o alumnado do 1º Ciclo,realizou estes traballos tan orixinais coas súas familias.

Grazas por colaborar con nós.

11 mar 2011

Pterosaurio





Os alumnos/as de 1º de E.Primaria,fixeron este pterosaurio en plástica.Logo puxéronlle o nome de CHIQUI e inventaron pareados.

4 mar 2011

3 mar 2011

Os peques len



Onde perdeu Lúa a risa? de Miriam Sánchez, ilustrado por Federico Fernández, fala do valor dun sorriso dun neno. Premio Nacional de Ilustración Infantil e Xuvenil no ano 2001, as ilustracións son moi expresivas e secuenciadas, compañía perfecta para a pequena historia que completa o libro. Que sería do ser humano se non pode rir? Pero ao mesmo tempo que o ser humano necesita da ledicia, os animais e outros seres acompañarano, posto que a propia Lúa tamén quere rir.



Noraboa Sabela,porque preparaches moi ben este conto.
Os teus compañeiros/as gustoulles moito.

2 mar 2011

O meco manda



Que guapos!!!.
Que carapuchiñas máis fermosas!!!.

Mércores con mandil,trenzas e cesta.

Martes con mandil e trenzas.

O luns todos con mandil.

1 mar 2011

Entroido



Poema
Eu no entroido
teño medo
deste feo
cigarrón;
vai choutando
polas rúas
as súas chocas
fan ¡tolón!.
Pero gústame
o entroido
polos grelos
e o lacón
a cachucha
os chourizos
e entrecosto
e os roxóns.
Farémo-las
carautas
troulearemos
a cachón
pediremos
polas portas
filloas,chulas
roscón...
Ana Mª Fernández

Libreta viaxeira




Estes traballos tan creativos realizáronos os nenos/as do 1º Ciclo coas súas familias,para festexar "O Día de Rosalía de Castro".



Na clase ilustraron este bonito poema de Rosalía.